lunes, 6 de octubre de 2008

Temblores!

E non estou a falar da susodita película. Empezo.
Estos dias estivémonos botando no Pareixal, ao ladiño mesmo das pedras, enfrente do que a xente do lugar chama a "Rocha do Camello" e algunha que eu sei "a Rocha do Dragón". Pois ben, o sábado a cousa foi bastante ben. Fomos ate aló Farruco (que xa é un habitual), Tati, George e, por primeira vez, Maria, que deu os seus primeiros pasos neste mundo...e a levou a corrente e casi acaba porriba do camello mesmo!
Bueno, todo rematou nun pequeno susto momentáneo e nada máis. As ondas, bastante desordeadas, aínda que algunha que outra abría ao lado da rocha dando unha dereita bastante decente que, aínda que bacheada, tivo momentos bastante gloriosos.
O Sábado pola noite, xa que moitos estabamos de patrón (eran as festas do Rosario) pois cubateo salvaxe no Dallas e continuación do evento no pub El Otro. As cousas fóronse alargando, e o que ía ser un cubateo relaxado de eses de estar na casa ás 3 da mañán, estirouse ate as 7, 7 e media. Na noite houbo de todo, dende problemas con Melendi, que non tiña amigos, ate saídas de coche queimando roda con Highway Star a toda hostia!!! Incluso xurdíu a semente da que pode ser unha grande idea...a creación do clube de Longboard-Soulsurfing-churrasco "Longueirón Surf Club" Xa veremos máis adiante...Os problemas, viñeron logo, claro, quedáramos para voltar á praia as 10...e non íamos faltar! Se fose para rozar monte, igual. Pero para a praia, non!
As 10 almorzamos rápidamente no bar ao lado da casa e tiramos para Esmelle, donde nos agardaba o colega S_Mystic. De camiño, non íamos mal, pero ao chegar á praia, O Big G e máis eu (especialmente eu) estabamos xa bastante perxudicados...

Un dos momentos álxidos de exhaltación da amizade, con Pepe Ramos incluído....




Big G. tomando un Ibuprofeno antes de entrar na auga...xD




S_Mystic acompañóunos este dia fatídico


alt=""id="BLOGGER_PHOTO_ID_5254026116279736290" />


O caso foi que nos botamos nun mar cheo de algas, desmañado, frio e golpeador, que porriba, por culpa do vento facía que as ondas aparecesen e desaparecesen en cuestión de 2 metros. Estivemos e fixemos o que puidemos, (e incluso fixemos unha pausa no medio do baño para sentarnos na area)aínda que foi un desfase o de estar na auga tremando ...¡e non co frio!
Ao cabo dunha hora e pico saímos e tiramos para casa completamente en silencio no coche, no que de cando en cando se escoitaba un bufido ou un salouco...A única frase pronunciada (quitando os "estou feito polvo" en todas as súas variantes) foi ao pasar a canteira da Bailadora..."Ánimo que só quedan dúas curvas para Ferrol"...
Por suposto, o resto do dia xa volo imaxinaredes...cama...Película 1 (Wasabi)...bocata...película 2 (Parque Xurásico en Axn)...medio sesta e cea...película 3...(Regreso ao futuro)...e Aida...O sinto, Friker, pero non tiña o corpo para chegar!
O mellor do dia, a furgalla de S_Mystic...que flipe! eu quero unha de esas!
Mención especial: Kira, a cadeliña que me fixo cambiar o meu xeito de ver os Cocker...
Un saúdo para eles dous especialmente e para todos os demáis!

9 comentarios:

C. Pita dijo...

por alusions....a furgalla e amañadiña, con todo o que fai falta para vivir como vivo eu.
Kira e a miña compañeira de aventuras, esta ben ensinada!jejeje!
Non se pode chegar a praia botando o desayuno .... jajaja, unhas ondiñas realmente malas, para que engañarse, pero aín pillei unhas cantas!
Un pracer, a ver se concidimos con mellor mar,

un saudoooooo!!!

Gerry_lopez dijo...

non hai fallo, xa haberá máis dias!
Por certo, eso que me contaches da Wombat deixoume un pouco preocupado...¡Nin se che ocorra deixar o tabloneo! Senón a ver a quen metemos no "Longueiron surf club" XDDD

Un saúdo.
P.D. Para a próxima hei almorzar un bocata de chourizo que asenta máis que o Colacao XD

Tonylopex dijo...

Jajaja de ilusions tamén se vive non? Que pensabades que ainda podiades facer o mesmo que cando tiñades 18.
E creo que o domingo non estaba o vento para Esmelle non?

Gerry_lopez dijo...

Jaja, para nada...dáballe do sur e estaba todo desordeado! Menudos meneos que levamos! A ver si vamos apañando algo esta semana que nos faga esquecer aquelo...
Un saúdo...
Por certo tony, xa falaremos contigo e cos de Valdoviño sobre o tema este do "Longueirón Surf Club"-Soulsurfing-longboard & Churrasco...
Veña, un Saúdo.

Magnum_PI dijo...

Que ben vivides carallo.
Esperade a semá santa que acabo as clases e teño vacaciós retribuidas ata octubre, mecago na mar...

Tonylopex dijo...

Eu apuntome a o "Longueirón Surf Club" pero non seu eu si estoy dentro da talla minima de tabloneiro. Un 7´6 non sei eu?

Gerry_lopez dijo...

Por suposto Tony...esto é cuestión de actitude...ademáis non dicen que o tamaño non importa?

A idea, xa a iremos concretando co tempo, pero máis que nada é organizarse para facer algunha comellada de vez en cando, ver unhas películas de longboard-surf no local social (xa temos un sitio apalabrado)ou conseguir algo de pasta para traer a Danny alvite e que nos de unha charla de como ser tan bó XD

Xabre dijo...

Ahí ahí..... e que non decaiga karallo.....
Como que non se pode chegar botando o almorzo?? Este Carlos vai vello!!!!
Cada vez vexo que nos parecemos mais. Eses gordiñosmarrulleirosEcerveceirostabloneiros, que tan pouco lles gustan aos juapiñosrubiñosEanorexicossurfeiriños......
Ese club!!!!!!!!!

Gerry_lopez dijo...

Xabre: e que estas novas xeracións xa non respetan as vellas tradicións XDD
eu botei o colacao pola duna por puro afán ecoloxista, para ver si nace unha pranta de cacao... agora que o eucalipto xa é "Typical Galician"

Non sei se será recordado polos anales da historia, pero dame a min que ímonos xuntar uns bos!

Un saúdo. Temos que organizar unha xuntanza xa! (están os de Estrela Galicia a frotar as máns)