jueves, 9 de octubre de 2008

Longueirón Surf Club-Longboard, Soulsurfing & churrasco-



Dende fai uns dias andamos a falar coa boca pequena dunha paranoia que nos pasa a tod@s pola cabeza. A idea que empezou como unha chorrada dunha noite de rascada foi ocupando momentos nos miolos e tamén nas conversacións...
A idea: Facer un club Gratuíto (e que quede claro, a poder ser sin cuotas) para ver si nos damos organizado a crecente comunidade longuera de Ferrol, Valdoviño, Cobas, etc... con intencións lúdico-festivas e gastronómicas. A verdade é que todavía non temos moi pensado que tipo de actividades se poderían chegar a desenrolar co clube, aínda que algunhas foron xurdindo sen pensalas demasiado. Estas son as que consigo recordar a bote pronto:
1-facer churrascadas/ceas/papatorias en xeral de cando en cando para contar contos e loar "los caldos incomparables y la hidalguía de las gentes"
2-Xuntarse de cando en cando para o visionado e comentario de películas/videos/reportaxes de surf (bueno, cando digo surf quero dicir longboard, pero utilizo o xenérico para que nin Tony, Farruco ou calquer outro con táboa corta, non se sintan menospreciados por ter o "pepino" máis pequeno. XDDD
Para esto, Roberto, membro honorífico do clube, xa nos ten comentado que nos cede para as nosas reunións a parte de abaixo do seu mítico Bar Dallas (no Inferniño, Ferrol) donde ten unha tele de plasma de 45", todo sería levar un disco duro reproductor (eu teño un) ou ben un Dvd portatil...Non hai fallo.
3-Por suposto, organizar quedadas para Surfear todos xuntos e botar unhas risas (esto xa casi está de máis poñelo) incluso poderíamos facer cerimonias como a da "mezcla de augas" esa que facían en Hawaii, pero nós a nivel comarcal(Auga de Esmelle, de Lago, de ¿Chanteiro?...xD
4-Concertos/jam sessions entre todos aqueles que sepan tocar algo e incluso, si é tempo, organizar eventos multiples que engloben todo o dito anteriormente.
5-Organizar viaxes entre varios para ir a ver campeonatos ou quedadas en Asturias, Portugal, ou calquer punto do "estranxeiro" (mesmo en Coruña XDDDD) fletando microbuses ou organizándonos entre nos...
6-Dar algunha mesa redonda e si se pode traer a grandes figuras do Longboard internacional (Dani Alvite...e algún máis haberá, digo eu) para que nos "iluminen".
7-{-coloca aquí a túa idea-}
Por suposto esto é así sen casi meditalo nin falalo máis que con 5 ou 6 cubatas a bordo. Todo é cousa de quedar un dia os que estemos interesados e falalo tomando un café/cervexa/etc...
Por suposto, estaría ben presentar os estatutos na Xunta, e si cae algo de calderilla para unha churrascada, pois mellor que mellor...

Para o tema do emblema/anagrama/escudo etc, xa teño a un colega (Diego) que é un artistazo traballando nelo e que, nun momento dado podemos usar para facer pegatas, camisetas...

¿Qué vos parece? ¿Daríamos feito?

Como decía Xabarín: E ti? Xa es do clube? Afíliate!
Un saúdo...

8 comentarios:

Xabre dijo...

mmmmmmmnnnnnnnnnnn
Home a min as cousas institucionais non me van moito,........ pero as churrascadas e jamm session apuntome!
¿Cantos campeonaos pensades realizar?
Non podemos facer churrasco e tocadas sen facer un club?
Je je je ánimo e xa contaredes!
Fai 23 anos estiven na primeira reunIón que houvo en Ferrol pra faceres un club de surf. Na calle Real no bar Suizo. Eramos oito. Sonaron moitas ideas e moi interesantes. Logo pasaron vinta e pico anos, e o único que fan e o campeonato clásico de Areas do Rodo. Eso sí, con grandísima afluencia de xente e patrocinadores...... total, as cousas interesantes non se fixeron nunca. E eu e mais outro, non pagamos nunca a cuota, e ainda así, fixeronnos "socios honoríficos".......
DA QUE PENSAR!!!!!

dani alvite dijo...

e oido churrasco?.... yo me apunto!!!!!!!

fosicoruña dijo...

hola!!
o de ferrol,etc,etc,.. chega hasta a zona da torre de hercules??? si es asi apúntome

un abrazo

alberto dijo...

mmmmmmm
pois eu o do churrasco e as jamon sesion esas tamen me apunto se chegan ata a torre de hercules

Saudos(mou)

Gerry_lopez dijo...

Eu, a verdade que campeonatos non tiña pensado...alomenos de longboard...Se tal de comer churrasco ou beber cervexa...Pero bueno, todo é falalo e si hai peña disposta pois veña!
A ver si podemos poñer unha data para a semana que ven ou así para tomar un café e falalo entre todos...
Un saúdo...

Tonylopex dijo...

Vaya iniciativa que tienes macho. Lo del tamaño como tantas veces se tendra hablado, pues el algo relativo, no?. A veces es mejor pequeña y gordecha y otras larga y delgada, el caso es saber usarla jajaja!.
Yo me apunto, pero con el poco tiempo que tengo libre pues no prometo mucha colaboración, pero alguna quedada no me la pierdo.
(El del logo si es el Diego que imagino, va a quedar guapo, y seguro que pone a LOBO o a The Punisher con un long)

Gerry_lopez dijo...

jajaja...
a ver con que nos sorprende, Tony.
Hombre, realmente, yo creo que casi nadie tiene mucho tiempo libre, por eso intentaremos que el rollo "Fluya", sin tomárnoslo demasiado en serio...Evidentemente, antes que el club sigue estando el surf, y si suben las olas... XD
Lo importante creo yo es tener una excusa para tomar unas garimbas o pillar unas olas...A ver si para esta semana que viene podemos amañar un dia que nos pueda venir más o menos bien a tod@s, tomamos un coffee y lo hablamos...
Ah, por cierto a la gente de Coruña: Hombre, con el comentario no tenía intención de excluir a nadie (sorry si os habeis sentido así). Aquí lo importante es la actitud y el soulsurfing y para tener eso bueno, no hay nada escrito donde tienes que haber nacido/residir...En principio, la única cosa que veo en contra es que si montamos el club aquí (y hacemos las proyecciones, o reuniones y tal por Ferrol y comarca, lo peor será que tendríais que desplazaros... pero aparte de eso...no veo ningún problema si teneis ganas XD
Venga, un saúdo a todos... y a ver si en estos dias podemos ir quedando (a eso de las 8 de la tarde o así, que viene siendo la hora a la que la peña ya está más o menos libre...)
De novo, un saúdo a tod@s!
e deixoos que vou para Compostela por carretera, que quero ver se rompe por Miño ou así XXDDDD

C. Pita dijo...

churrasco y mas churrasco!bien!
Yo a campeonatos no voy, pero del resto esta bien, hay que socializar un poco con gente rara como nosotros... JAJAJAJAJA.