viernes, 31 de octubre de 2008

Esta noite é Samaín!!!

Temazo de Helloween, con máis de 20 invernos!


Que cedo chegou. Ésta é unha de esas noites que chegan máis rápido ano tras ano! O cumpreanos de Frodo e Bilbo, a noite de San Xoán...o Samaín.
Esta chamada polos yankees Halloween ven de moito máis atrás. Celebrada a esgallo polos antergos prerromanos da cornisa norte e medio europa máis, pasou ao novo mundo da man dos emigrantes irlandeses que fuxían da hambruna da pataca e unha vez aló, en vez de ser Samhaín (algo que soa así coma "Samen") pasou a ser Halloween, a noite dos disfrazes, cabazas, meigas e trasgos. Nalgúns sitios de Galicia séguese a celebrar con moita emoción (coma en Cedeira, que fan mañá un desfile de cabazas con velas co pobo a escuras e moitas cousas mais). Aínda que o rollo comercial yankee ten máis que gañada a batalla e en tódalas partes do mundo esta noite, haberá festas de disfraces terroríficos.
Aquí, o tema das cabazas todavía se conserva (igual que no San Xoan coas fogueiras ou a "auga de rosas") e non é senón un recordatorio de tempos antigos.Por si algún todavía non o sabe, voubos contar de que iba esto das cabazas.
O caso e que moitos prerromanos da beira atlántica (entre eles os celtas) creían na existencia de dous mundos... o noso e o Sidh, ou mundo dos seres máxicos, que vivían entremezclados, aínda que non se tocaran...casi nunca. O caso e que tamén creían na existencia dun deus chamado Dadga, que tiña un bastón que si te tocaba por un lado era capaz de matarte e si te tocaba polo outro dábache a vida. Para devolver a vida aos cadávres, este Dagda precisaba que estiveran completos, e dicir con todos os membros do corpo, en especial a cabeza. Evidentemente, si a miña tribo ten un deus así, os meus inimigos é probable que tamén o teñan. Así era que cando tras unha batalla ou escaramuza un inimigo era especialmente duro e difícil de vencer, era de ben cortarlle a cabeza e levala para a casa, poñéndoa normalmente nun lugar de exposición como unha mostra da valentía do guerreiro en si, aínda que tamén como unha mostra de honra cara o finado que tan valentemente combatira. ¿Por que levarlle a cabeza? Sin cabeza, non hai resurreción...que aínda que esta vez gañei eu, ben podería ser que a próxima se tornaran as cousas. Pero voltemos á noite de Samaín. Pois ben, en antigas noites coma esta de hoxe, os antergos sacaban as cabezas dos inimigos e as expuñan fora da casa, xa que nesta noite, era a única do ano na que o Sidh estaba máis unido co noso mundo e era posible que xentes dun mundo cruzaran ao outro. Así que meigas, bruxas, trasnos, carontoñas, lobisomes, fomoriáns e demáis andaban ceivos polos camiños, e incluso se achegaban á xente. Se o que viña era o morto aquel tan chungo, pois xa tiñas a cabeza para recordarlle que máis lle valía dar a volta se non quería levar outras. Como dicían no meu pobo, Sober: Ti, vulve!
Así que xa sabedes...esta noite ollo nos cruces de camiños (ou por que pensabades que estaban ahí os cruceiros?) e cuidado con esas vampiresas que tanto prometen na festa de disfraces... Ben poderíades saír escaldados!
Bueno, o dito, pasádeo ben e ollo coas garimbas! Juventú, Juventú, tende coidado cos paus da lus! como cantaban os Heredeiros da Crus!
Un saúdo e Aloha!

4 comentarios:

KingMatt dijo...

Que medo, vou ver de facer unha queimada pra escorrentar méigas e trasnos.

Rétote a vir maña ó Pub A Fusa, celebran o seu aniversario cun concerto de Alejandra Burgos, á que xa vín o mercores en Sikaru, e deixoume abraiado.
Se queres ver á Janis Joplin, arxentina, e tomar unhas birras en mala compaña, vemonos ali sobor das 23:00.

Nacho dijo...

Buf, pois sentíndoo moitísimo non vou poder asistir, xa que paso esta finde en Cedeira coa familia da miña compañeira...Que pena, porque nos mola a Janis e por suposto...a mala compaña! (da cerveza a duda ofende)
A ver si para a semana tomámoslle algo e charlamos, si andas libre. (tes vacacións, non?)
Veña un saúdo e xa me contarás como foi a Janis arxentina...

ogrobesurfing dijo...

Que fermosa información, parte dela descoñeciaa.
Un saudo gerry!!!

Nacho dijo...

a verdade é que por cuestións laboráis (aínda que tamén de ocio) teño que estar moi ao dia de estas festas. Ademáis, faltaron algunhas cousas non tan bonitas como "O home de vímbio" e así, pero bueno, eso para outra vez.
Coñecendo o que facían os nosos antergos atopámonos a nós mesmos un pouco máis. Temos un mundo maravilloso, cheo de historias incríbles...menos mal que o home utiliza o seu talento creativo para algo máis que as guerras...Non somos tan malos, ao final...alomenos non todos xD
Un saúdo.