Mostrando entradas con la etiqueta morrendo un pouco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta morrendo un pouco. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de octubre de 2008

Temblores!

E non estou a falar da susodita película. Empezo.
Estos dias estivémonos botando no Pareixal, ao ladiño mesmo das pedras, enfrente do que a xente do lugar chama a "Rocha do Camello" e algunha que eu sei "a Rocha do Dragón". Pois ben, o sábado a cousa foi bastante ben. Fomos ate aló Farruco (que xa é un habitual), Tati, George e, por primeira vez, Maria, que deu os seus primeiros pasos neste mundo...e a levou a corrente e casi acaba porriba do camello mesmo!
Bueno, todo rematou nun pequeno susto momentáneo e nada máis. As ondas, bastante desordeadas, aínda que algunha que outra abría ao lado da rocha dando unha dereita bastante decente que, aínda que bacheada, tivo momentos bastante gloriosos.
O Sábado pola noite, xa que moitos estabamos de patrón (eran as festas do Rosario) pois cubateo salvaxe no Dallas e continuación do evento no pub El Otro. As cousas fóronse alargando, e o que ía ser un cubateo relaxado de eses de estar na casa ás 3 da mañán, estirouse ate as 7, 7 e media. Na noite houbo de todo, dende problemas con Melendi, que non tiña amigos, ate saídas de coche queimando roda con Highway Star a toda hostia!!! Incluso xurdíu a semente da que pode ser unha grande idea...a creación do clube de Longboard-Soulsurfing-churrasco "Longueirón Surf Club" Xa veremos máis adiante...Os problemas, viñeron logo, claro, quedáramos para voltar á praia as 10...e non íamos faltar! Se fose para rozar monte, igual. Pero para a praia, non!
As 10 almorzamos rápidamente no bar ao lado da casa e tiramos para Esmelle, donde nos agardaba o colega S_Mystic. De camiño, non íamos mal, pero ao chegar á praia, O Big G e máis eu (especialmente eu) estabamos xa bastante perxudicados...

Un dos momentos álxidos de exhaltación da amizade, con Pepe Ramos incluído....




Big G. tomando un Ibuprofeno antes de entrar na auga...xD




S_Mystic acompañóunos este dia fatídico


alt=""id="BLOGGER_PHOTO_ID_5254026116279736290" />


O caso foi que nos botamos nun mar cheo de algas, desmañado, frio e golpeador, que porriba, por culpa do vento facía que as ondas aparecesen e desaparecesen en cuestión de 2 metros. Estivemos e fixemos o que puidemos, (e incluso fixemos unha pausa no medio do baño para sentarnos na area)aínda que foi un desfase o de estar na auga tremando ...¡e non co frio!
Ao cabo dunha hora e pico saímos e tiramos para casa completamente en silencio no coche, no que de cando en cando se escoitaba un bufido ou un salouco...A única frase pronunciada (quitando os "estou feito polvo" en todas as súas variantes) foi ao pasar a canteira da Bailadora..."Ánimo que só quedan dúas curvas para Ferrol"...
Por suposto, o resto do dia xa volo imaxinaredes...cama...Película 1 (Wasabi)...bocata...película 2 (Parque Xurásico en Axn)...medio sesta e cea...película 3...(Regreso ao futuro)...e Aida...O sinto, Friker, pero non tiña o corpo para chegar!
O mellor do dia, a furgalla de S_Mystic...que flipe! eu quero unha de esas!
Mención especial: Kira, a cadeliña que me fixo cambiar o meu xeito de ver os Cocker...
Un saúdo para eles dous especialmente e para todos os demáis!