sábado, 26 de julio de 2008

A Fragata, 25-07-08. Dia da Patria, dia de surf...

Neste dia tan especial, unha foto vella para empezar...
Xoan Dalama, Magnum_Pi e máis eu, agosto do 94 en Campelo.

Ben, xa estou cáseque a punto de irme para cama neste venres tan especial. O Dia da Patria só ocorre unha vez ao ano. Este ano colleume lonxe de Compostela aínda que aproveitei ben o tempo collendo ondas toda a mañan ate as 14:30 que xa tiña mono (dende facía 3 dias que non collíamos nada)
As ondas foron das miñas. Pequeneiras pero glassy e que abrían de dereitas (e as que abrían de esquerdas como si non as houbese, que a contraman non dou arrancado XD)
Polo demáis o dia foi de esos bos bos. Non só polas ondas ou o surf, senón por reunirse con colegas. Metímonos na auga Tati, Mario, Carlangas, Vicente e máis eu. Sós na fragata, que, entre choivas e brisas non parecía que fose a abrir...ainda que logo, a eso das 13:45 abriu e descubríu un mar glassy impresionante e ondas que parecían feitas de cristal ou gominola de mazá verde. Menudo regalo para a vista... e a ialma, que é de esas imaxes que ha que quedar ahí, sen borrarse.
As sesións relax con colegas non deberían de rematar nunca. Fora o stress, a mala hostia e mesmo o cansazo de maldurmir. Catro chistes na auga e todo fora.

A verdade e que esta Galiza nosa é do que non hai. Non me vou a poñer en plan pesado a repetir o evidente, pero e que cada dia me flipa máis a terra, as xentes.
Non consigo entender como nin porque alguén tentou meter este sentimento de autoodio ou inferioridade contra nos mesmos...Nin que motivos escuros perseguía. O que está claro e que non puideron con nos e como dixo Nietzche: O que non te mata, faiche máis forte...ou como dimos aquí...O que non mata, engorda.
Por elo, un saúdo a todos aqueles namorados de galiza (sexan galegos ou non) e a todos os namorados do lugar donde viven/nacen (sexan tamén galegos ou non). O Amor pola terra e a fala debe unirnos a todos e non separarnos de ninguén. O de separar é cousa daqueles...os do odio. Non sexamos coma eles...
Perdoade polo rollo, pero é un dia moi importante e non quería que pasase desapercibido.
Un saúdo e Feliz dia da Patria a todos (unha vez máis, sexan galegos ou non)
Aloha!

2 comentarios:

Rubén Prieto dijo...

Si señooorr ben falado!

KingMatt dijo...

Eu estou ben orgulloso de ser Galego, carallo!!!

En caso de nacer noutro sitio, so o cambiaria pola aldea de Asterix e Obelix.

Un Saudo.