domingo, 28 de septiembre de 2008

Más que amor...Frenesí!

Estos dias estivemos indo moito á praia, de feito fomos tanto que non tiven nin tempo de ler/actualizar o blog ate hoxe. A verdade, e que pese a que non houbo moitas ondas, cáseque todos os dias puidemos saír da praia sen ese sentimento de irse "baleiro".
Collimos ondas de Moi Pequenas a Miserables na escala Diminuta de Torrebruno, pero a verdade é que, quitando hoxe pola mañan, collimos algunha onda bastante decente, dando como resultado uns baños moi pero que moi divertidos. Como nota anecdótica, estrenamos traxes de 4/3 co que estivemos máis que aclimatados, e eu, ademáis, escarpíns, que fixo que chegara a sudar na auga, con swell que viña do norte! E que estas "Reservas" que levo, fan moi difícil que chegue a morrer por conxelación...
A verdade e que estos dias había que ter ganas de botarse para mollar o traxe, xa que as expectativas eran bastante malas. Por sorte, a "maxia" funcionou cáseque sempre e saímos sorrintes coma sempre.
Deixovos algunhas fotos destes dias, e algunha máis vella, que xa quedaban nos "arquivos do trasno" para perderse no olvido, e sempre van mellor utilizadas aquí.

Estrena do boogie de C. Gamundi e colocación de quillas de cartón que lle fixemos fai unhas 3 semanas en C-Point.



Farruco e seu amigo o "Saltón". A verdade é que na foto parece moito máis pequeno...Era enorme, a verdade.



Unha para a lembranza...Mario (o meu curmán) me leva o boogie en Esmelle aló polo ano 1993. Anos mais tarde declararía: Eu recordo que tiñas un boogie xigantesco, enorme...Mirádeo agora nas fotos de abaixo (é o do tablón vermello e branco)
Como pasa o tempo, caghiná!




Estas son destes dias...

Cambiandose coa vista fixa no mar, sen moitas expectativas...



A praia estaba moi concurrida e a luz ofrecía unha vista bastante bonita e veraniega.



Saíndo despois de andar ate S. Xurxo dende Esmelle para coller unha onda de un palmo! xD




Esta retocada en plan "retro 70´s" para a lembranza. Bos dias os de setembro.
O Verán non remata: O mellor está por vir.



Aloha e Boas Ondas!
Un saúdo.

5 comentarios:

Xabre dijo...

Ese tablón azul...... que pinta!

KingMatt dijo...

Quillas de carton????

mmmmmm......??????

Quillas de carton???????

Mi no entender.

Un Abrazo.

Nacho dijo...

naa... no tiene mucho que explicar.
Resulta que el paipo traía unos cachos de carton que pegaban por un lado colocado en la parte de abajo para apoyarlo en el suelo, mientras estaba expuesto...Y yo se los pegué en la plancha diciendo que eso iba allí...
la cara que se les quedó... XD
un saúdo.

ogrobesurfing dijo...

Ese longskate que sae arriba a dereita é teu gerry¿?
Nos intentamos fabricar un pero a chapa marina rompeu en dous jajajaja
Un saudo!

Nacho dijo...

Non... de momento non me decidín...pero...algún dia caerá un!
Chámame moito a atención o rollo do descenso e eses Hang five estrada abaixo...
O malo serán as caídas...
Un saúdo.