martes, 24 de junio de 2008

San Xoan en Cobas.

Onte celebramos o San Xoan en Cobas e saltamos a lumieira alí para ver se este ano temos sorte e está ben o mar!!! Non estivo mal, ainda que ao coincidir en luns moita da peña curraba hoxe pola mañan e estabamos un pouco apalancados. As ondas acompañaron pero o vento e a contraola non. Non había maneira de que rompese algo bo e porriba estaba aquelo cheo de peña. pero bueno, sempre é unha boa ocasión para ver deslizarse a xente nova e aprender algo... O mellor da noite...as incursións a buscar leña e o teléfono de Vicky con linterna...que alumeaba máis ca miña linterna XD!
Bueno, agora a esperar un ano máis ate o próximo dia no que se volte a mezclar o mundo máxico co real...
Un saúdo.

No hay comentarios: